sábado, 28 de enero de 2012

A CARTA DA TERRA

A Carta da Terra é unha declaración de principios fundamentais para a construcción dunha sociedade global no Século XXI, que sexa xusta, sostible e pacífica. 
Nesta guía podes ir aprendendo algunhas cousas que te servirán para entender mellor a Carta da Terra e leela ao final do documento. 
Seguro que co que aprendamos todos avanzamos cara un planeta máis sostible.

Carta de la Tierra para Educacion Primaria

viernes, 27 de enero de 2012

PANEIS SOLARES QUE ALMACENAN A ENERXÍA POLA NOITE

Un avance importante no referente ao uso eficiente de enerxías alternativas foi realizado por científicos do Lawrence Berkeley National Laboratory que desenvolveron paneis fotovoltaicos de alta eficiencia que xeneran enerxía a partir da escasa luz nocturna.
O adelanto tecnolóxico  debese á utilización de nitruro de galio-arsénico en lugar do semiconductor convencional de arseniuro de galio. Tamén informaron que esta aleación é máis económica debido a que se produce pola deposición do vapor químico. 
Dado o seu reducido valor estes paneis solares poderían revolucionar a corto plazo a xeración de enerxía alternativa a través do sol.


jueves, 26 de enero de 2012

Copenhague fai obrigatorio o emprego de teitos verde

A cidade de Copenhague aprobou unha lei que obriga a ter algún tipo de vexetación nas novas azoteas da cidade, co obxetivo de mellorar o hábitat e aforrar o consumo de enerxía. Tamén existen plans para cubrir de vexetación as vellas azoteas da cidade e para o 2025 a meta é converterse nunha cidade neutral de carbono.



miércoles, 25 de enero de 2012

BOAS IDEAS PARA RECICLAR

 Feitos con envases de suavizantes, productos de limpeza e os tapóns .

Con botellas de plastico 


Con chapas das latas


Discurrindo seguro que se os ocorren moitas mas ideas.



sábado, 21 de enero de 2012

OBSOLESCENCIA PROGRAMADA

O vídeo vai da manipulación que as empresa teñen ao crear os seus productos. Según foron pasando os anos, as empresas van deteriorando as mercancias para que duren menos e así aumentar as súas ventas e conseguir maiores beneficios.

 

HUELLA ECOLÓXICA: CUESTIONARIO

Resumo do documental realizado en Gran Bretaña.... Excelente para reflexionar sobre o que consumimos ao longo da vida e como afectamos ao noso planeta.



Preguntacheste algunha vez cal é a túa huella ecolóxica, podes medila mediante este cuestionario no que fan preguntas relacionadas coa enerxía e a auga que consumes, o transporte e os residuos que xeramos.


DEHESA DE LOS SOLANILLOS: Centro de Recuperación ambiental

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria dentro do Programa de Inmersión Lingüística realizaron unha visita a Dehesa de Solanillos (Guadalajara), estiveron aloxados nun Centro de Recuperación e Educación Ambiental, aparte de aprender inglés, aproveitaron para visitar as instalacións. Poideron observar como utilizan os recursos naturais dos que dispoñen para suministrar enerxía ao centro. Sobre todo Biomasa, non esquezamos que o centro está ubicado no medio e medio daquel grande incendio forestal de hai uns anos que arrasou un montón de hectáreas de bosque e incluso se cobrou vidas humáns. Aproveitaron as instalacións dun antigo hospital que tamén foi queimado, e reconvertírono no Centro de Educación Ambiental dito anteriormente.