viernes, 20 de abril de 2012

DÍA 19 DE ABRIL: CONFERENCIA ENERXÍAS EÓLICAS

Onte 19 de abril o alumnado da ESO e de 5º e 6º de Educación Primaria, así como o profesorado poidemos desfrutar coas maxistrales exposicións acerca das  enerxías sostibles que fixeron no salón de actos do CPI de Panxón os poñentes Xavier Simón Fernández profesor de Economía Aplicada da Univeridade de Vigo e Xosé Lois Vilar Pedreira arqueólgo, etnógrafo e experto en toponímia.
Xavier Simón Fernández foi construíndo a súa ponencia a través da participación do alumnado e conseguiu que quedaran moi claros os beneficios  e os perxuicios deste tipo de enerxía sostible.
Xosé Lois Vilar Pedreira centrou a súa exposición no parque eólico que está proxectado construír no Monte da Groba explicando de mañeira moi clara os graves perxuicios que traería para este entorno de grande riqueza paixasistico e cultural (petroglifos,,etc), polo que dende o CPI de PANXÓN tamén nos sumamos a iniciativa.

¡S.O.S. GROBA!



No hay comentarios:

Publicar un comentario