Somos un dos centros que disfrutaran da xornada de xeito gratuíto coa financiación da Fundación Biodiversidad, a través do proxecto estatal do que forma parte este programa e que desenvolve Amigos de la Tierra en diferentes puntos do estado español.
Participaran nas actividades alumnos/as  de 5º e 6º de Primaria e 1º ESO eo Profesorado.
Obxectivos da Actividade:
  • Visualizar o entramado do actual modelo de produción de alimentos
  • Analizar as consecuencias ambientais, económicas e sociais deste modelo
  • Coñecer alternativas e opcións máis respetuosas e sostibles
Contidos e Metodoloxía, a xornada estará dividida en dúas partes:
  1. Analítica e reflexiva: visualizaremos a orixe dos alimentos tendo en conta as emisións de CO2, a superficie necesaria para a súa produción a escala mundial e a pegada ecolóxica deste modelo
  2. Valorativa e proactiva: a través dun xogo asimilaremos os diferentes pasos da cadea de produción de alimentos, descubriremos as implicacións e consecuencias dun modelo industrializado fronte a un máis sostible e valoraremos as posibilidades que temos para mudar.
Xogando podemos aprender a tomar decisións razoadas que conleven melloras, para as persoas e o planeta!

Localización

O Centro de Educación Ambiental As Corcerizas está situado na Serra de San Mamede, no Macizo Central Ourensán, catalogado como Lugar de Importancia Comunitaria (L.I.C.) dentro da Rede Natura 2000, figuras de protección a nivel europeo.

As Corcerizas está situada no monte comunal de Arnuide, a unha distancia de 50 Km. de Ourense.
Para acceder hai dúas posibilidades desde Ourense:
  1. Autovía A-52 ata Xinzo de Limia > Vilar de Barrio > Arnuide > As Corcerizas
  2. Estrada C-536 dirección Pobra de Trives > Alto do Couso > Maceda > Os Milagres > Arnuide > As Corcerizas