sábado, 21 de abril de 2012

PENSAMENTOS

Un ano máis alumnos ingleses veñen de intercambio ao noso colexio e como sempre o alumnado de Primaria ten preparado o seu recibimento. Como coincide có día do libro, luns 23 de abril, os alumnos de 3ºP  danlles a benvida  cun  pequeno agasallo, un libro que titulamos "PENSAMENTOS"
Está  feito con  materiais reciclados xa que non pode ser douta  maneira, dado que entra dentro do proxecto que estamos a levar a cabo este curso: "ENERXÍAS SOSTIBLES".
O material que utilizamos foi papel reciclado por eles mesmos no obradoiro de "AULA VERDE". Como soporte de cada páxina, usamos follas de revistas e aproveitando  a frase que viña escrita como encabezamento de cada unha destas, os alumnos foron dando as súas respostas, o que deu lugar ao libro.
As tapas do libro son recicladas a partir dunha carpeta  xa retirada de servicio, pero que nos serviu para a ocasión.
E para rematar, as pastas atámolas ás follas cuns fíos de rafia.
Esperamos que  aos alumnos ingleses lles guste o noso agasallo, nós estamos satisfeitos polo esforzo que fixemos e polo resultado acadado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario