miércoles, 23 de mayo de 2012

PRESENTACIÓN SECUNDARIA: PREZI, VÍDEOS ECOPATROL AND SCHOOL GARDEN

 Esta entrada facemola en "verde" pola implicación que profesora e alumnado da ESO tiveron neste proxecto, adicandolle moitas horas e obtendo produtos do seu traballo realmente bos, tampouco podemos esquecernos da nosa lectora de inglés, KASEY SCHELLYNG polo seu bo facer xa que sin ela moitas destas actividades non houberan posido realizarse.
Entre os moitos traballos realizados neste materia destacamos unha presentación en PREZI na que explican algunhas partes do proxecto anual integrado e na que se pon de manifesto o vocabulario aprendido e o interese do alumnado por esta temática. 




ECOPATROL


SCHOOL GARDEN

jueves, 17 de mayo de 2012

DIA MUNDIAL DO RECICLAXE


PROCESO DE ELABORACIÓN DE MATERIAIS NO AULA DE TECNOLOXÍA

No aula de tecnoloxía está que non paran, sempre está chea de nenos/as traballando pola manán e pola tarde, Jóse o profe de tecnoloxía está a facer un estupendo traballo coordinando e dirixindo ao alumnado da ESO no deseño e fabricación de: Cociñas solares, Fornos solares, móbiles feitos con resortes......cohetes...etc. Antonio profe de música, home xa experimentado nestas lides tamén sempre está polo aula, construíndo co alumnado de 3º da ESO un encoro¡¡¡¡¡.
Mirade como traballan.

MOSTRA DOS XOGUETES FEITOS POLO ALUMNADO PARA O 1º CONCURSO DE XOGUETES FEITOS CON MATERIAIS RECICLADOS

A resposta do alumnado neste 1º Concurso de xoguetes feitos con materiais reciclados está a ter moitísimo éxito, cada día os traballos que van chegando ao centro son mellores, vai a estar realmente dificil escoller aos gañadores, mirade esta pequena mostra.


ARRANXO DAS AULAS

Como dixemos na presentación do proxecto unha das tarefas importantes que tiñamos que levar a cabo era o pintado e arranxo das aulas. Pois xa esta feito¡¡¡¡, contamos coa colaboración de toda a nosa Comunidade educativa (pais e nais, alumnos/as, profesorado..) e dende esta páxina queremos darvos as grazas a todos/as polo voso esforzo e colaboración no mantemento do centro.
Non esquezades que a clase mellor coidada de Primaria e Secundaria recibirán como premio un vinillo decorativo para o aula, está dificil¡¡¡¡, mirade como quedou a clase de 3º de EP.

A continuación colgo as fotos deses días, non estamos todos/as porque é imposible estar en todos os sitios ao mesmo tempo, pero é unha mostra bastante representativa. Esperamos que vos gusten¡¡¡¡¡


miércoles, 16 de mayo de 2012

SOANDO INSTRUMENTOS

O alumnado na materia de Música está aprendendo a reciclar para facer instrumentos musicais, ata agora fixeron:
  • Unha Guitarra
  • Unha Xanza
  • Un axóuxere de cunchas
  • Un carrizo de cana
O proceso de como os están a facer podedes velo na seguinte presentación, merece a pena votarlle unha ollada.


martes, 15 de mayo de 2012

OS MUIÑOS DE MAREA


O alumnado de 3º ESO, despois da visita cultural ao Muiño de marea do Pozo de Cachon en Muros, inicia un traballo sobre os MUIÑOS DE MAREA en Galicia. 
O proceso que seguiron foi o seguinte.
- A profesora no Blog de aula de ciencias Sociais colgou documentación e enlaces de interese sobre os Muiños de marea.
- Traballamos o titorial da ferramenta Advientos.com.  
- Formamos 4 equipos de traballo:
            * 1º grupo encargouse da búsca de textos.
            * 2º Grupo: Selección das imaxes
            * 3º Grupo: Selección de vídeos e presentacións
         * 4ª Crupo: Clasificaron, ordearon cronoloxicamente e deronlle formato empregando a ferramenta da Web 2.0.
Contidos desenvolvidos:

  • Historia dos muiños                      
  • Qué é un muiño de marea
  • Como funciona
  • Partes dos muiños
  • Usos dos muiños
  • Situación xeográfica dos mesmos na Europa occidental.
  • Muiños de marea en galicia mais importantes.
  • A cultura galega e os Muiños de Marea        



TRABALLO INTERDISCIPLINAR SOCIAIS E INGLÉS

Como xa dixemos na entrada anterior o alumnado de 4º da ESO traballou A Enerxía ao longo da historia. Aproveitando a documentación, o Departamento de Inglés xunto co de Sociais acordou que o alumnado traballase o vocabulario da enrxía que aparecia nesta. O produto deste traballo foi tamén unha liña de tempo mais sinxela tendo en conta as limitación do idioma. 
Se pinchades no enlace podedes ver esta liña de tempo que foi feita cunha ferramenta online chamada netau.net.

 LIÑA DE TEMPO CPI DE PANXÓN INGLÉS-GALEGO

Agradecemos e felicitamos a Juan Fernández Barros a súa implicación neste traballo e a Raquel Gómez Villar, Pedro Rodríguez Villar e kevin Salgueiro o seu esforzo na traducción desta.

lunes, 14 de mayo de 2012

CIENCIAS SOCIAIS 4º ESO: HISTORIA DA ENERXÍA

O alumnado de 4º ESO, aporta ao noso proxecto un traballo extraordinario realizado cunha ferramenta da Web 2.0 que serve para facer liñas de tempo, esta ferramenta chamase Dipity e a súa liña do tempo como non podía ser de outra maneira trata o seguinte tema "A HISTORIA DA ENERXÍA".
O proceso que seguiron foi o seguinte.
- A profesora no Blog de aula de ciencias Sociais colgou documentación e enlaces de interese sobre a Enerxía e a súa historia.
- Traballamos o titorial da ferramenta Dipity.
- Formamos 4 equipos de traballo:
            * 1º grupo encargouse da búsca de textos.
            * 2º Grupo: Selección das imaxes
            * 3º Grupo: Selección de vídeos e presentacións
         * 4ª Crupo: Clasificaron, ordearon cronoloxicamente e deronlle formato empregando a ferramenta da Web 2.0.
            
Temos que decirvos que as dificultades foron moitas xa que a tecnoloxía anque é moi boa, púxonos dificultades para introducir as datas anteriores a Cristo.

RELIXIÓN: A CREACIÓN

O alumnado da ESO sorprendeunos cunhas moi boas presentacións feitas na materia de relixión.
    O obxectivos que pretendían 
           - Coñecer os relatos bíblicos da creación para extraer as ensinanzas sobre como mellorar o medio.
          - Desenvolver comportamentos de respecto, coidado e conservación do medio de acordo cos valores e principios da fé cristiá.
          -   Promover iniciativas e construír un xuízo moral baseado nos principios e valores da moral cristiá do medio.
Contidos:  2º e 3º de ESO: A destrución da creación
A continuación podedes ver os traballos realizados por algúns dos grupos que se formaron.

4º ESO: Sara Penedo Vázquez, Ainhoa Piñeiro Taboada, Pablo Otero Vázquez e Javi Moutttet Sánchez


4º ESO: Kevin Salgado Freire, Pedro Rodríguez Villar    


3º ESO: Fran, Alex , Samuel e Luís González campos


Open publication - Free publishing - More informative

PRIMARIA
6º EP

video

CARTEIS GAÑADORES PARA O CONCURSO DE COMETES E COHETES

Como sabedes a semana pasada votamos os carteis que se presentaban para o concurso de cometas e cohetes, tal e como sinalaba a convocatoria déronse tres premios por categoría e os gañadores foron:

COMETAS
1º PREMIO: Pablo Otero Vázquez
2º PREMIO: Juan Fernández Barros
3º PREMIO: Ainhoa Piñeiro Taboada

COHETES
1º PREMIO: Kevin Salgueiro freire
2º PREMIO: Alejandra Durán Vélez
3º PREMIO: Paloma Miranda trigo

ENHORABOA A TODOS/AS!!

 A continuación podedes ver os cateis gañadores.

1º Premio COHETES (Kevin Salgueiro freire)

Open publication - Free publishing - More informative

2º Premio (Alejandra Durán Vélez)

Open publication - Free publishing - More information

3º Premio (Paloma Miranda trigo)


Open publication - Free publishing - More informative

1º PREMIO COMETAS (Pablo Otero Vázquez)


2º PREMIO: Juan Fernández Barros

Open publication - Free publishing - More informative

3º PREMIO: Ainhoa Piñeiro Taboada

domingo, 13 de mayo de 2012

SAVE OUR WORDL

Hi everyone, today we are going to write about how can we help save our world. First you are going to watch the video. Then you will write a commitment to help save it. Don't ever break your agreement, your planet needs you!

 

BASES I CONCURSO DE XOGUETES RECICLADOS

ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN¡¡¡¡¡

MURAIS






TIRALLE DA LINGUA

Sete alumnos/as de 3º de Primaria participaron o día 27 de abril en "TÍRALLE DA LINGUA" xunto con outros alumnos/as de 6º de EP  e  de Secundaria, cada curso coas súas  respetivas historias. Eles escenificaron o conto titulado:  " COIDANDO Á TERRA" , inventado por un dos participantes dentro do proxecto de Centro: Enerxias Sostibles.
Inda que non conseguiron ningún premio, para eles foi unha boa experiencia ir a Santigo, e non por elo deixarán de seguir traballando con ilusión  para  poder participar en futuros proxectos.
Por todo esto quero felicitar a todos os participantes do colexio,  en especial aos máis pequenos, os de 3º: Pedro, Sheila, Alejandra, Ainhoa, Bárbara ,Laura e Denís. 
O CONTO: COIDANDO A TERRA

Un día de verano la gente estaba en la playa, y de repente por la línea del horizonte pasó un petrolero,la playa entera miró hacia allí y vieron que la proa del barco estaba a punto de chocar contra una roca enorme a la que el petrolero se dirigía.La gente empezó a gritar de miedo.
Cuando el barco chocó contra aquella roca  todo el petróleo cayó al mar.Justo en ese momento un banco de peces se acercaba al petróleo.Las gaviotas vieron el banco de peces y bajaron al mar,los peces se murieron y las gaviotas se mancharon de petróleo y las plumas  se les pegaron . No podían respirar,elevaron el vuelo pero las plumas de sus alas estaban tan pegadas al cuerpo que se cayeron de cabeza a toda velocidad, como gotas de lluvia.
La gente que estaba en la playa vio que el petróleo se acercaba hacia ellos. Salieron del agua muy deprisa  y llamaron a voluntarios para limpiar el mar.Sacaron casi todo el petróleo y cuando se hizo de noche se fueron a sus casas.
Al día siguiente fueron a limpiar otra vez. Ese día acabaron de limpiar y todos se quedaron muy contetos.A partir de entonces decidieron que iban a cuidar más el planeta Tierra y tratar de que los petroleros no tiren más petróleo al mar.

CRÉDITOS
AUTOR:Denís Fernández Barros
EN TIRALLE DA LINGUA


AGASALLO PARA O DÍA DAS NAIS.

Os alumnos/as de 3º EP fixerónlle un fermoso agasallo ás súas nais, unha carpeta para gardar documentos, todo con material reciclado.
 Como nos parece que é un agasallo útil e rápido de facer, queremos amosarvos con fotos como foi o proceso de elaboración e o seu remate. Primeiramente direivos o material que utilizamos e os pasos a seguir. 
MATERIÁIS: 
  • Dous cartóns dunha caixa calquera dun tamaño de 32x23cm cada un.
  • Un retal de tea de 52x40cm, pode ser incluso dunha camisa ou camiseta que xa se deixou de usar. 
  • Dous folios debuxados ou ben duas follas de revista.
  • 32cm de cinta de carrocero.
  • Un trozo de goma. 
  • Cola blanca.  
  • PASOS A SEGUIR: 
  • 1º Primeiramete encolamos os cartóns por unha das caras e pegámolos no medio da tea deixando entre eles unha separación dun cm aproximadamente.
  • 2º Dobramos a tea que sobresae polos lados e encolámola ao cartón como se estivéramos forrando un libro. 
  • 3º Para que non se vexan as dobreces encolamos de cada lado os folios ou as follas de revista.
  • 4º Para unir os dous folios pegamos a cinta de carrocero que é por onde se vai a dobrar a carpeta 
  • 5º E xa para rematar por fora estucamos con pintura de tea as letras co nome que desexamos poñer. Nos facemos as plantillas nun plástico duro que logo recortamos cun cuter.
  • 6ºNun dos lados da carpeta facemos un burato en cada esquina polos que introducimos as gomas. -7ºComo remate só queda estucar as letras.

viernes, 11 de mayo de 2012

XERAR ENERXÍA COS PÉS

O Club Watt ( Rotterdam), aproveita a enerxía producida polas personas ao bailar. Grazas ao efecto piezoeléctrico, a enerxía mecánica aplicada polos pes sobre o chan pode ser convertida n enerxía eléctrica.