domingo, 13 de mayo de 2012

AGASALLO PARA O DÍA DAS NAIS.

Os alumnos/as de 3º EP fixerónlle un fermoso agasallo ás súas nais, unha carpeta para gardar documentos, todo con material reciclado.
 Como nos parece que é un agasallo útil e rápido de facer, queremos amosarvos con fotos como foi o proceso de elaboración e o seu remate. Primeiramente direivos o material que utilizamos e os pasos a seguir. 
MATERIÁIS: 
  • Dous cartóns dunha caixa calquera dun tamaño de 32x23cm cada un.
  • Un retal de tea de 52x40cm, pode ser incluso dunha camisa ou camiseta que xa se deixou de usar. 
  • Dous folios debuxados ou ben duas follas de revista.
  • 32cm de cinta de carrocero.
  • Un trozo de goma. 
  • Cola blanca.  
  • PASOS A SEGUIR: 
  • 1º Primeiramete encolamos os cartóns por unha das caras e pegámolos no medio da tea deixando entre eles unha separación dun cm aproximadamente.
  • 2º Dobramos a tea que sobresae polos lados e encolámola ao cartón como se estivéramos forrando un libro. 
  • 3º Para que non se vexan as dobreces encolamos de cada lado os folios ou as follas de revista.
  • 4º Para unir os dous folios pegamos a cinta de carrocero que é por onde se vai a dobrar a carpeta 
  • 5º E xa para rematar por fora estucamos con pintura de tea as letras co nome que desexamos poñer. Nos facemos as plantillas nun plástico duro que logo recortamos cun cuter.
  • 6ºNun dos lados da carpeta facemos un burato en cada esquina polos que introducimos as gomas. -7ºComo remate só queda estucar as letras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario