miércoles, 7 de noviembre de 2012

ECOPATRULLAS 12-13

Durante os recreos 3 alumnos/as de Primaria e 3 alumnos/as da ESO poñense os chalecos amarelos, collen guantes e... este curso como novidade os cubos (miradeos na imaxe, xa que este curso abandoamos o uso de bolsas de plástico), e fan a limpeza semanal dos patios. O obxectivo é manter o noso colexio limpo e agradable, á vez que concienciamos aos compañeiros/as da importancia de reciclar. Casi toda a basura que se crea na hora do recreo é para o contenedor amarelo (bricks, plásticos, envases de iogur...), que antes terminaban no chan ou nas papeleiras (que non se reciclan). Nunha semana de traballo de Ecopatrulla o patio está moito mais limpo.    
            Enhoraboa a todos/as. ¡Seguide así!
ECOPATRULLAS on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario