miércoles, 7 de noviembre de 2012

MANS LIMPAS ¡SALVAN VIDAS!

1ª CAMPAÑA CURSO 2012-13 (15 de outubro)

OBXECTIVO: Recolectar xabón para a súa posterior distribución en países sen recursos.



 Contexto: 

Personas sen recursos en todo o mundo, morren cada día a causa de infeccións respiratorias agudas e enfermidades diarreicas, provocadas polas condicións hixiénicas nas que viven. Cada ano, mais de 5 millóns de vidas perdense por culpa destas enfermidades. Deles 3,5 millós son nenos/as menores de cinco anos de idade.
O lavado de mans con auga e xabón é unha das maneiras mais efectivas e baratas de previr estas enfermidades. O lavado de mans tamén pode previr infeccións cutáneas, infeccions oculares, parásitos, intestinais, gripe aviar e influenza AH1/N1 , SRAS e mellora a calidade de vida de persoas afectadas de VIH/SIDA.O lavado de mans é efectivo en previr la transmisión de enfermidades incluso en asentamentos pobres altamente poblados ou contaminados.
Por desgracia, o acceso ao xabón non é sempre fácil en moitos lugares do mundo.

Qué necesitamos?

Pastillas de xabón novas de calquera forma, tamaño ou procedencia (mostras, regalos, compras, hoteleras...) ou xabón líquido.


Como podes colaborar?

Doando ou recolectando xabóns, informando con carteis, folletos, divulgando, con apoio loxístico ou material ou de calquera outra forma.


Que se fai co xabón recolectado?

O xabón recollido clasificase, tratase e almacenase ata súa distribución nos lugares onde se necesite.

Enlaces relacionados informativos:
http://www.unicef.es/node/6264?idtemplate=1
http://www.globalhandwashingday.org/Global_Handwashing_Day_2nd_Edition_espa.pdf
http://www.cleantheworld.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario