jueves, 29 de noviembre de 2012

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES AUTÓCTONOS

Co obxectivo de concienciar ao alumnado  sobre a importancia dos bosques autóctonos frente aos cultivos forestais, realizamos a nosa aportación prantando árbores autóctonos no centro.

Open publication - Free publishing - More informative

Ademais na clase de Educación artística o alumnado traballou facendo un libro de animais con follas autóctonas que podedes ver a continuación.

RECIBINDO OS CADERNOS DE TRABALLO ÁRBORES AUTÓCTONOS


PREPARANDO O DÍA MUNDIAL DOS ÁBORES AUTÓCTONOS


Como sabedes esta semana celebrase o “Día Mundial dos Bosques Autóctonos”, unha xornada de defensa e reivindicación dos bosques e da súa recuperación mediante especies propias, as cales lamentablemente soen ser remplazadas por outras de crecemento máis rápido ou de mellor aproveitamento comercial.

Por iso dende o proxecto medioambiental que desenvolvemos este curso queremos celebralo:

  •      Coa plantación de árbores autóctonos e estudo do seu crecemento, encargaránse os alumnos/as do 1º ciclo en grupos de 4, para iso preparamos uns cadernos que foron entregados este venres aos diferentes grupos e a partir do día 22 comezaran co traballo.
  •     Plantación de semillas nos diferentes cursos e elaboración dun traballo plástico dos froitos destes árbores autóctonos que estamos a piques de terminar, podedes ver o traballo dos alumnos/as nas seguintes imaxes
  •      Conferencia a cargo de SEPRONA a través de VOZ NATURA para o alumnado de educación Primaria e Educación Secundaria sobre a conservación dos montes e as consecuencias dos incedios forestais

 CADERNOS DE TRABALLO ALUMANDO 1º CICLO

PLANTANDO SEMILLAS NAS AULAS

miércoles, 28 de noviembre de 2012

RESIDUOS URBÁNS

Nesta loita por un planeta máis sustentable nós temos un papel moi importante. De cada un de nós depende que se cumpran (e incluso se melloren) os obxectivos de reducción e maior reciclaxe.


Open publication - Free publishing - More lixo

DE RONSELDEIDEAS

LECTURAS PARA A RECICLAXE

LECTURAS PARA CREAR RECICLANDO

de Lecturoliteraturo

OPERACIÓN QUILO

OS EFECTOS DO TEMPORAL

O pasado venres 23 pola noite houbo un temporal na zona de Nigrán, con fortísimos ventos, non pensamos que poidera afectarnos pero os seus efectos chegaron ata o  invernadoiro que estabamos a construir para o noso cultibvo de Hidropónicos. Os plásticos voaran, as estructuras estaban desperdigadas polo chan e o noso olivo da Paz a punto de morrer. Podedes ver nas imaxes os efectos medioambientais que produxo.






¡¡¡¡PERO NON VOS PREOCUPEDES, DE NOVO ESTAMOS EN MARCHA E PRONTO VOLVERÁ A ESTAR TODO COMO ANTES¡¡¡¡¡

martes, 27 de noviembre de 2012

sábado, 24 de noviembre de 2012

ENSINAR E PROTEXER AS AUGAS DE RÍOS E OCEANOS

Pulpirecicla é un personaxe que ensina aos nenos o valor da reciclxe e o amor aos aoceanos a través dos sete principios esenciais da alfabetización oceánica.
¡Reduce, reutiliza, recicla e ensina a facelo!
 

lunes, 19 de noviembre de 2012

SEMANA EUROPEA DE PREVENCIÓN DE RESIDUOS 17 AO 25 DE NOVEMBRO

 Os obxectivos da Semana Europea da Prevención de Residuos consiste en :

  • Fomentar as accións sostibles de prevención de residuos en toda Europa.
  • Dar a coñecer a estratexia e as políticas de prevención e reducción de residuos da Unión Europea e dos seus Estados membros.
  • Precisar o concepto de reducción de residuos mediante as accións realizadas polos distintos actores.
  • Proporcionar información específica sobre aas actividades e os cambios de comportamento que permiten actuar con eficacia para movilizar e estimular o maior número posible de personas para que actúen n esta dirección.
  • Mostrar o impacto directo do consumo nos cambios climáticos e no medio ambiente e dar a coñecer as relacións entre a reducción dos residuos e o desenvolvemento sostenible.  
  • As acciones que levaremos a cabo no noso centro xirarán entorno: o exceso de residuos, como consumir mellor e cómo mellorar os hábitos cotidianos para tirar menos residuos, seguindos as indicacións de implementación de actividades feitas dende o Programa LIFE + (proxecto europeo que respalda a acción).
  • ¡ No comedor ao longo desta semana ofrecerase un menú baixo en residuos¡¡¡¡¡¡

domingo, 18 de noviembre de 2012

UN CANTO A NATUREZA: JOAN MANUEL SERRAT

Quixera que nesta data 23 de novembro escoitarades o mellor canto (literalmente falando) ao conservacionismo que é para mín  o seguinte, só un grande como él pode falar dun tema tan tráxico con esa beleza!, ademais como vedes non esqueze os mares e nesta actuación fai un homenaxe a xente voluntaria que axudou en Gaicia na traxedia do Prestige, algo que os galegos xamais esqueceremos.



Aquí tedes a letra en castelán


Padre
decidme qué
le han hecho al río
que ya no canta. 

Resbala
como un barbo
muerto bajo un palmo
de espuma blanca.
Padre
que el río ya no es el río.
Padre
antes de que llegue el verano
esconded todo lo que esté vivo.
Padre
decidme qué
le han hecho al bosque
que ya no hay árboles.
En invierno
no tendremos fuego
ni en verano sitio
donde resguardarnos.
Padre
que el bosque ya no es el bosque.
Padre
antes de que oscurezca
llenad de vida la despensa.
Sin leña y sin peces, padre
tendremos que quemar la barca,
labrar el trigo entre las ruinas, padre,
y cerrar con tres cerrojos la casa
y decía usted...
Padre
si no hay pinos
no habrá piñones,
ni gusanos, ni pájaros.
Padre
donde no hay flores
no se dan las abejas,
ni la cera, ni la miel.
Padre
que el campo ya no es el campo.
Padre
mañana del cielo lloverá sangre.
El viento lo canta llorando.
Padre
ya están aquí...
Monstruos de carne
con gusanos de hierro.
Padre
no, no tengáis miedo,
y decid que no,
que yo os espero.
Padre
que están matando la tierra.
Padre
dejad de llorar
que nos han declarado la guerra



MURAL FROITOS AUTÓCTONOS

Unha vez realizado o taller de reciclado de papel coa pasta obtida o alumnado do 1º ciclo de Educación primaria traballou os árbores autóctonos en Coñecemento do medio e o producto resultante dos seus coñecementos foi un mural que montaron no corredor de Primaria.








jueves, 15 de noviembre de 2012

FOLLAS DE OUTONO RIMAN CON FOLLAS DE LIBRO

O alumnado de 2º de EP de maneira interdisciplinar traballou o outono nas materias de Educación artística e Lingua Castelá, o resultado deste traballo foi este maravilloso libro que podedes ver a continuación e que está exposto na biblioteca do CPI.
¡Enhoraboa a todos/as polo voso traballo¡¡¡¡


viernes, 9 de noviembre de 2012

jueves, 8 de noviembre de 2012

OBRADOIRO DE RECICLAXE DE PAPEL EN PRIMARIA

O alumnado de EP estivo aprendendo a reciclar papel, despois do proceso de reciclaxe e co pael obtido aprenderan as froitas do outono, elaborando as froitas como decoración do outono, coñecendo as súas propiedades e degustandoas na festa do Magosto o día 9 de novembro.

APRENDEMOS A RECICLAR PAPEL on PhotoPeach

MONTANDO O REGO AUTOMÁTICO DA HORTA ECOLÓXICA

COLABORANDO NA LIMPEZA DA HORTA ESCOLAR

LIMPANDO O NOSO HORTO ESCOLAR on PhotoPeach

CULTIVAMOS HIDROPÓNICOS NOS INVERNADOIROS

Este curso como novidade, estamos montando coa colaboración do alumnado de 5º de EP e cos alumnos/as de 4º da ESO nos invernadoiros un Proxecto de creación de cultivos hidropónicos, estes permitirannnos obter hortalizas, herbas aromáticas e flores todo o ano en pequenos espacios, sen grandes esforzos físicos, coa reutilización da auga de rego e aproveitando materiais de reciclaxe. 

 Obxectivos da actividade:
. Recoñecer a necesidade de elementos esenciais para o crecemento das plantas.
. Potenciar a colaboración e o reparto de tarefas.
. Obtención dunha colleita ecolóxica de maneira limpa e sinxela, aproveitando os invernadoiros.


 Esta técnica é unha maneira práctica e divertida de aplicar os coñecementos adquiridos.  

Descripción da actividade:
 Planificación e montaxe nos invernadoiros dos cultivos hidropónicos e o seu seguimento ata a obtención da colleita.

MONTANDO OS INVERNADOIROS

miércoles, 7 de noviembre de 2012

MANS LIMPAS ¡SALVAN VIDAS!

1ª CAMPAÑA CURSO 2012-13 (15 de outubro)

OBXECTIVO: Recolectar xabón para a súa posterior distribución en países sen recursos.



 Contexto: 

Personas sen recursos en todo o mundo, morren cada día a causa de infeccións respiratorias agudas e enfermidades diarreicas, provocadas polas condicións hixiénicas nas que viven. Cada ano, mais de 5 millóns de vidas perdense por culpa destas enfermidades. Deles 3,5 millós son nenos/as menores de cinco anos de idade.
O lavado de mans con auga e xabón é unha das maneiras mais efectivas e baratas de previr estas enfermidades. O lavado de mans tamén pode previr infeccións cutáneas, infeccions oculares, parásitos, intestinais, gripe aviar e influenza AH1/N1 , SRAS e mellora a calidade de vida de persoas afectadas de VIH/SIDA.O lavado de mans é efectivo en previr la transmisión de enfermidades incluso en asentamentos pobres altamente poblados ou contaminados.
Por desgracia, o acceso ao xabón non é sempre fácil en moitos lugares do mundo.

Qué necesitamos?

Pastillas de xabón novas de calquera forma, tamaño ou procedencia (mostras, regalos, compras, hoteleras...) ou xabón líquido.


Como podes colaborar?

Doando ou recolectando xabóns, informando con carteis, folletos, divulgando, con apoio loxístico ou material ou de calquera outra forma.


Que se fai co xabón recolectado?

O xabón recollido clasificase, tratase e almacenase ata súa distribución nos lugares onde se necesite.

Enlaces relacionados informativos:
http://www.unicef.es/node/6264?idtemplate=1
http://www.globalhandwashingday.org/Global_Handwashing_Day_2nd_Edition_espa.pdf
http://www.cleantheworld.org

TAPÓNS SOLIDARIOS

 O noso centro incorporase este ano ao PROXECTO DE RECOLLIDA DE TAPÓNS SOLIDARIOS, colaborando coa iniciativa solidaria 'Banco de Tapóns do Baixo Miño', un ambicioso proxecto cuxo único fin é axudar ao máximo número posible de nenos/as que o necesiten. O Banco nace a partir dunha iniciativa ciudadá, que consiste no reciclaxe, a clasificación, o empaquetado e posteriormente o envío de ditos tapóns á empresa que os compra para finalmente enviar ese diñeiro directamente a familias sen medios económicos que teñen algún fillo/a cunha enfermidade, discapacidade, minusvalía ou outro problema ao que non lle poden facer frente económicamente.
Para iso o alumnado preparou un cartaz e un contenedor para a recollida.
ASÍ QUE XA SABEDES, "PODEDES TRAER TODOS OS TAPÓNS DE PLÁSTICO AO COLE". GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN