jueves, 31 de enero de 2013

DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE: DISCURSO DE PEPE MUJICA EN RÍO

Que lle pasaría a este planeta se os hindúes tiveran a mesma proporción de coches por familia que teñen os alemáns? Discurso de Pepe Mujica en Río

jueves, 24 de enero de 2013

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ.........SOSTIBLE

A raíz de moitas das guerras e conflitos que suceden no mundo está nos recursos naturais: diamantes, ouro, petróleo, auga, madeira… Tratar de resolver os temas de propiedade, control e xestión destes é fundamental para manter a seguridade e restaurar a economía dos países que saen dun conflito. Conseguir que se xestionen ben e con xustiza estes recursos é garantía de paz no futuro. Por iso dende o colexio este ano queremos que neste Día Internacional da PAZ deteñamonos a pensar que podemos facer cada un de nós, paises e personas por respetar a xusta xestión e distribución de recursos naturais. 

Presentámosvos o noso primeiro mural e a programación de actividades de dinamización que se levarán a cabo nese día e ao longo desa semana.



miércoles, 23 de enero de 2013

DONALD NO PAÍS DAS MATEMÁXICAS

Hoxe  subimos a versión completa do vídeo de Disney Donald no país das Matemáticas (1959), veremola nas clases de matemáticas e logo faremos traballo cooperativo que terá por obxectivo comprender a contribución das matemáticas aos problemas mundiales, desenvolvemento sostible...etc xa que este ano celebrase o ano das Matemáticas do Planeta Terra.
 
Trátase dun excelente corto de Disney realizado o 26 de xuño de 1959 e lanzado en 1960 no cine xunto "Darby O'Gill and the Little People".
A película foi posta a disposición das escolas e converteuse nunha das películas educativas máis populares feitas por Disney. 

Disney dixo:"The cartoon is a good medium to stimulate interest. We have recently explained mathematics in a film and in that way excited public interest in this very important subject."

Argumento: O Pato Donald é un explorador no misteriosos País das Matemáticas (son xeniais os árboles con raíces cadradas), onde o Espíritu das Matemáticas pouco a pouco irálle revelando os seus segredos.

No vídeo abordanse os seguintes temas:

  • Pitágoras e a Música.
  •  O rectángulo de oro. O número de oro.
  • O pentágono regular na natureza. 
  • As matemáticas nos xogos
  • A idea do infinito na mente
video

    miércoles, 16 de enero de 2013

    SADAKO Y LAS MIL GRULLAS

    NON HAI MAÑÁN

    Documental animado de libre distribución. Nos seus breves 35 minutos realiza un moi bo diagnóstico sobre as contundentes anomalías de este momento histórico: 
    No Hay Mañana from Horatiux on Vimeo.

    DE BELOTA A CARBALLO

    Neste vídeo podemos ver como nace e crece un carballo en tres minutos.

    FRUTIJUEGO

    Gran xogo das froitas e as verduras: Fichas, xogos e descargas.


    O INCREIBLE CHAPUZÓN DE ZOE

    "O increíble chapuzón de Zoe" é un conto interactivo en formato dixital sobre o auga e a súa conservación, para nenos e nenas de entre 7 e 11 anos.

    martes, 15 de enero de 2013

    CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ

    Deixovos a canción que cantaremos todos xuntos o vindeiro día 30 celebrando o DÍA DA PAZ. Así podedes ir ensaiando na casa para aprenderos ben a letra.

     

    lunes, 14 de enero de 2013

    ABRE O CENTRO DE INTERPRETACIÓN: PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS

    Desde este Nadal o edificio Cambón, na zona vella de Vigo, mantén abertas as portas do “Centro de Interpretación da Natureza do Parque Nacional Illas Atlánticas“. Un centro divulgativo que chega con varios anos de atraso respecto ao previsto e que por fin se abre ao público e que conta cunha superficie útil de case 1.400 metros cadrados, dos cales a metade son destinados ao uso interpretativo.

    O local distribúese en seis plantas e conta con salón de actos, salas interpretativas, un aula con capacidade para 56 persoas, biblioteca e catro cabinas, unha por cada unha das catro illas do Parque: Cíes, Sálvora, Ons e Cortegada. Os contidos expositivos artéllanse ademais arredor de catro dimensións diferentes das illas: O líquido (auga, mar e mareas); o sólido (rochas, illa, flora, fauna e historia); o aire (vento, aves e son) e a luz (sol, bruma, cor)

    Está aberto de martes a sábado en horario de 11 a 14 horas pola mañá e de 16h30 a 19h30 pola tarde.

    jueves, 10 de enero de 2013

    A FAMILIA TREBÓN: XOGUETES DE PAPEL

     Vía Botóns (SOGAMA)
    Capítulo número 12 da serie do Planeta Verde. 
    Este inverno está a ser ben duro. Xa van dúas semanas seguidas a chover. Os nosos amigos están un pouco aburridos. Apenas puideron poñer un pé fóra da casa. Entón, Lilia Anselmo dálle unha idea a Lilia… 
    Co obxectivo de aprender os valores básicos para o respecto ao medio ambiente, chega á rede unha nova entrega das aventuras da familia Trebón no Planeta Verde, da man da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama).

    A FAMILIA TREBÓN-XOGUETES DE PAPELCAPITULOS ANTERIORES
    CAPÍTULO 11: A familia Trebón celebra o Nadal
    CAPÍTULO 10: O ciclo do lixo
    CAPÍTULO 9: De magosto cos Trebón
    CAPÍTULO 8: A familia Trebón aprende a coidar o bosque
    CAPÍTULO 7: De visita na tenda
    CAPÍTULO 6: Festa e volta á escola coa familia Trebón
    CAPÍTULO 5: O verán no mar da familia Trebón
    CAPÍTULO 4: Coa familia Trebón, aprendemos sobre a compostaxe
    CAPÍTULO 3: A familia Trebón coñece o río
    CAPÍTULO 2: Un colector ou unha nave espacial?
    CAPÍTULO 1: A familia Trebón chega ao Planeta Verde
    A familia Trebón
    Da man da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama), coñeceredes as‘ecoaventuras’ protagonizadas polos cativos Lilia e Vito xunto con Carola Trebón, Anselmo Trebón e Lucas Trebón.
    A familia Trebón vén dunha Galaxia moi afastada ata a Terra, que eles chaman o Planeta Verde. Aquí aprenden sobre a nosa vida e costumes. Vito e Lilia, dous rapaces galegos, fan de anfitrións e axudan a familia de extraterrestres a coñecernos un pouco mellor.

    domingo, 6 de enero de 2013

    XOGUETES QUE NON XENERAN RESIDUOS

    Os xoguetes que propoñemos pertencen á empresa dcarton cuxo obxectivo é crear uns xoguetes especiales para inculcar ás novas xeneracións valores como o reciclaxe, a responsabilidade social co planeta, a creatividade e facerlles saber que con algo tan sinxelo e toda a súa imaxinación, non existe límite algún para a diversión.

    QUE FACER COS XOGUETES QUE XA NON QUEREMOS

    Os xoguetes son un residuo complicado, que necesitan un reciclaxe adecuado. Moitos xoguetes son aparatos tecnolóxicamente complexos elaborados con plásticos de lenta degradación e que conteñen baterías contaminantes. Entre os compoñentes dos xoguetes electrónicos pode haber metais contamiñantes como o cadmio, mercurio ou o chumbo. Por ese motivo os xoguetes que xa non queremos, se non se poden doar, hai que levalos ao Punto Limpo de cada cidade.
    Tamén as bicicletas, patins ou os coches en miniatura conteñen elementos de aceiro, cobre ou aluminio que poden ser reutilizados, hai que depositalas nos Puntos Limpos.
    Propoñemosvos xoguetes que no hai que levar ao Punto Limpo porque non xeneran residuos. Están fabricados de cartón e levanse directamente ao contenedor de papel. O cartón É un material que ofrece moitas ventaxas e posibilidades. É barato, moi lixeiro, pregable, totalmente reciclable  e utilizase para xogar dende sempre, dende que existen as caixas de cartón.