jueves, 10 de enero de 2013

A FAMILIA TREBÓN: XOGUETES DE PAPEL

 Vía Botóns (SOGAMA)
Capítulo número 12 da serie do Planeta Verde. 
Este inverno está a ser ben duro. Xa van dúas semanas seguidas a chover. Os nosos amigos están un pouco aburridos. Apenas puideron poñer un pé fóra da casa. Entón, Lilia Anselmo dálle unha idea a Lilia… 
Co obxectivo de aprender os valores básicos para o respecto ao medio ambiente, chega á rede unha nova entrega das aventuras da familia Trebón no Planeta Verde, da man da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama).

A FAMILIA TREBÓN-XOGUETES DE PAPELCAPITULOS ANTERIORES
CAPÍTULO 11: A familia Trebón celebra o Nadal
CAPÍTULO 10: O ciclo do lixo
CAPÍTULO 9: De magosto cos Trebón
CAPÍTULO 8: A familia Trebón aprende a coidar o bosque
CAPÍTULO 7: De visita na tenda
CAPÍTULO 6: Festa e volta á escola coa familia Trebón
CAPÍTULO 5: O verán no mar da familia Trebón
CAPÍTULO 4: Coa familia Trebón, aprendemos sobre a compostaxe
CAPÍTULO 3: A familia Trebón coñece o río
CAPÍTULO 2: Un colector ou unha nave espacial?
CAPÍTULO 1: A familia Trebón chega ao Planeta Verde
A familia Trebón
Da man da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama), coñeceredes as‘ecoaventuras’ protagonizadas polos cativos Lilia e Vito xunto con Carola Trebón, Anselmo Trebón e Lucas Trebón.
A familia Trebón vén dunha Galaxia moi afastada ata a Terra, que eles chaman o Planeta Verde. Aquí aprenden sobre a nosa vida e costumes. Vito e Lilia, dous rapaces galegos, fan de anfitrións e axudan a familia de extraterrestres a coñecernos un pouco mellor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario