domingo, 6 de enero de 2013

QUE FACER COS XOGUETES QUE XA NON QUEREMOS

Os xoguetes son un residuo complicado, que necesitan un reciclaxe adecuado. Moitos xoguetes son aparatos tecnolóxicamente complexos elaborados con plásticos de lenta degradación e que conteñen baterías contaminantes. Entre os compoñentes dos xoguetes electrónicos pode haber metais contamiñantes como o cadmio, mercurio ou o chumbo. Por ese motivo os xoguetes que xa non queremos, se non se poden doar, hai que levalos ao Punto Limpo de cada cidade.
Tamén as bicicletas, patins ou os coches en miniatura conteñen elementos de aceiro, cobre ou aluminio que poden ser reutilizados, hai que depositalas nos Puntos Limpos.
Propoñemosvos xoguetes que no hai que levar ao Punto Limpo porque non xeneran residuos. Están fabricados de cartón e levanse directamente ao contenedor de papel. O cartón É un material que ofrece moitas ventaxas e posibilidades. É barato, moi lixeiro, pregable, totalmente reciclable  e utilizase para xogar dende sempre, dende que existen as caixas de cartón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario