viernes, 22 de febrero de 2013

COMIC "A VOZ DO MUNDO"- COMEMOS TODOS

A protagonista deste comic multimedia, movida por unHa curiosidadE insaciable, descubrenos viñeta a viñeta a importancia duns buenos hábitos de nutrición e as consecuencias que a desnutrición e a inseguridade alimentaria teñen para a vida cotiá de millóns de nenos e nenas.
Aspectos que se poden traballar:
 - Cales son as consecuencias dunha mala alimentación?
- Que alimentos debemos comer prácticamente todos os días?
- Cando debemos comer: bolos, patacas fritas, doces e galdrumadas?
- Podemos axudar a que outros nenos/as non se poñan enfermos?

CONTO: SUPER PEPO E CLEMENTINA


Hoxe deixamosvos un capítulo das aventuras de Super Pepo para Infantil e o 1º ciclo de EP. No conto de hoxe Super Pepo falanos da importancia de comer san e non desperdiciar a comida. Hai moitos nenos/as muchos no mundo que non teñen que comer!.

E vos amiguiños, nunca olvidédes que os verdadeiros superhéroes son os que pensan nos demais e axundalles cando o necesitan.

Esperamos que vos guste. Pincha aquí para descargar o conto: Super Pepo e Clementina

martes, 12 de febrero de 2013

ENTROIDO ECOSOSTIBLE 2013

O Entroido no CPI converteuse nunha homenaxe as enerxías, durante semanas toda a comunidade educativa traballou arreo para poder realizar o desfile que tiñamos previsto. Dirixidos por Antonio construímos tres carrozas nas que se representaban diversos motivos relacionados coa temática do proxecto, así nunha carroza representábanse a enerxía eólica e a natureza en estado puro. O alumnado e profesorado por suposto disfrazouse das temáticas curriculares que desenvolveron nos diferentes cursos así a Escola de Educación Infantil anexa ao noso centro e 2º de EP disfrazáronse de horta ecolóxica como tomates, zanahorias, berenxenas…etc, 1º de primaria de froitas, o 2º ciclo de fenómenos atmosféricos como choiva, neve, raios,..etc, 5º de primaria de ecosistema marítimo así atopabámonos con medusas, mexillóns, algas, planton…6º de enerxía solar, eólica, térmica, mareomotriz…. A Secundaria tamén participou traballando e elaborando os seus propios disfraces, os de 1º de ESO foron de contenedores radioactivos , 2º e terceiro foron de símbolos químicos e salvadores da natureza dos contenedores radioactivos . Unha vez que chegou o día pola mañá cedo montáronse as carrozas xa que o día antes choveu e a continuación vestímonos e fixemos un pasarruas polas rúas de Panxón no que participou o pobo. Os alumnos/as de 4º da ESO ían de servizo de seguridade e repartían froitas xa que este curso participamos no plan de froitas dentro do Plan proxecta da Consellería de Educación.


lunes, 4 de febrero de 2013

domingo, 3 de febrero de 2013

OS NOSOS TRABALLOS PARA A PAZ......SOSTIBLE

 O NOSO ÁRBORE DA PAZ

 SECUNDARIA

O corredor de Secundaria está adornado coas xigantes pombas que elaborachedes con cartóns reciclados e que oego, con increíble pacenza, pintachedes, e retocachedes. O resultado foi moito mellor do que  imaxinamos. Felicitación aos que colaborachedes de 3º e 4º.

4º ESO
" A PAZ SE CONSTRÚE ENTRE TODOS"

O alumnado de 4º da ESO elaborou un puzzle dunha pomba da Paz e o día 30 todos os alumnos/as da ESO aportou unha parte dese puzzleque previamente cada un deles pintara e foron construindo a súa Pomba da Paz, pretendian con este acto demostrar que a Paz so poderá ser constuida coa unión de todos/as.
O resultado foi esta magnifica pomba como homenaxe a Paz.




COMIC DA PAZ CON "PANXEOLO"
                                             

Open publication - Free publishing - More informative



 1º DE ESO

Os alumnos/as de 1º deseñaron un mural coa profesora de lingua castelá "Hola paz, adiós guerra". Nel souberon colocar os países nos que se fala unha lingua románica ou xermánica e a traducción do mensaxe citado. Só é necesario engadir a foto para que vos podádes facer unha idea do seu trabajo e do exitoso resultado conseguido.



1º e 2º da ESO 


MENSAXES DE PAZ CON FERRAMENTAS DA WEB 2.0

Power point from juegodepalabras

Nesta conmemoración e através do Blog Juego de palabras de lingua Castelá descubremos a unha garnde escritora.  Sandra Gómez- Besada de 2º ESO, realizou un fermosisimo conto con motivo desta conmemoración que podedes ler a continuación. 


 PRIMARIA
 Toda a Comunidade educativa puido desfrutar do recitado de poesías do alumnado de EP, as súas interpretacións poéticas desfrutámolas todos xa que o fixeron moi ben. Participaron alumnos e alumnas de todos os cursos de Primaria.

Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria crearon contos para conseguir unha Paz ....sostible coa ferramenta storybird, hoxe subimos a este blog os dous primeiros contos e nos vindiros días iremos subindo os demais.

Mario Rial Ferreira: OS SALVADORES DA NATUREZA
Patricia Pérez: A FORZA DA AMIZADE

 As actividades rematoran coa IV CARREIRA SOLIDARIA na que participaron o CPI de Panxón, CEIP "DA CRUZ" de Camos e o CEE "Juan María". O diñeiro recaudado será entregado aos Servizos Sociais do Concello para atender ás necesidades do noso entorno nestes tempos de crise.