martes, 5 de marzo de 2013

OBRADOIRO EFICIENCIA ENERXÉTICA: PRIMARIA


Hoxe 5 de marzo os alumnos/as de 5º e 6º de primaria asistiron a un obradoiro de eficiencia enerxética no que puideron elaborar produtos de limpeza doméstica de xeito artesanal, aproveitando elementos de reciclaxe cotidianos, coa finalidade de aforrar enerxía e acadar produtos máis saudables e baratos.
A actividade, impartida pola profesora Lidia Rojo da Asociación Aloe Ingenieros, transcurriu nun ambiente lúdico pero tamén instructivo e os nosos alumnos puideron comprobar que, aparte de conseguir produtos ecolóxicos e baratos, eran tamén efectivos, tanto ou máis que os comerciais. Elaboráronos eles mesmos repartidos en grupos e, ao final comprobaron a súa eficiencia usándoos na limpeza da aula (cando chegou o persoal de limpeza do colexio, coidou que xa estaba limpa).
Todos os elementos empregados na elaboración dos distintos produtos son, ademais de baratos, asequibles polo que está ao alcance de calquera poder fabricalos. Para poder facelos a profesora deixonos as fórmulas dos distintos produtos, podendo incluso levalos a cabo nas nosas casas, colaborando así no aforro enerxético, na economía doméstica e na saúde das persoas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario