domingo, 28 de abril de 2013
GREEN DICTIONARY
Na materia de Inglés os alumnos/as de 5º e 6º de EP elaboraron un dicionario EN INGLÉS co vocabulario básico medio ambiental que ían aprendendo a medida que desenvolvían as distintas actividades do proxecto. Á definición de cada palabra tiñan que engadir a representación plástica . O resultado pode verse na seguinte presentación.
3º PRIMARIA: O CICLO DA AUGA-EXPERIMENTAMOS COA AUGA
O alumnado de 3º de educación primaria e entendendo que neste proxecto non debiamos esquecer que este ano celébrase O Ano Internacional da Cooperación na Esfera da auga traballou e profundizou sobre a importancia que ten a auga e o seu coidado para o noso planeta.
Obxectivos:
- Recoñecer e valorar a importancia da auga como recurso e para a vida.
- Analizar a problemática da contaminación da auga e identificar os usos e abusos domésticos.
- Orientar as actitudes do uso da auga cara outras que fomenten o aforro e o uso mais ecolóxico
- Investigar e recoñecer a ruta que segue a auga na nosa vila, dende a súa captación ate a devolución ao ciclo da natureza.
- Coñecer unha depuradora e os diferentes sistemas de depuración.
Tarefas
-
Conferencia sobre a auga
impartida pola ONG “Mas Unidas”
-
Experimentos co a auga
-
Sedimentación e transporte
de materias
-
Flotación
-
O Ciclo da auga
-
Obradoiro “Como funciona
unha depuradora”
-
- Elaboración dun vídeo cos
experimentos realizados
O LIBRO VIAXEIRO: HORTO ECOLÓXICO
O alumnado deste curso centrou a súa actividade medioambiental no HORTO ESCOLAR, xunto cos alumnos/as de 2º de EP, sementaron e fixeron o seguimento no diario do horto escolar.
A profesora foi a encargada de facer fotos do horto a medida que ían cambiando as fases das plantas (xerminación, flores, froitos,…) e das labores que se ían facendo. No mes de xuño elaborarán un álbum na materia de Educación Plástica e Visual con papel reciclado e adornado con follas secas, terra, debuxos que fagan entre todos e pegaran as fotos do horto escolar 2012-13.
Ademais estes alumnos/as traballaron co “O LIBRO VIAXEIRO” no que :
- Tiveron que elixir unha hortaliza das que están plantadas no horto escolar e completar todos os cadros coa información que se lle pedía.
Ademais estes alumnos/as traballaron co “O LIBRO VIAXEIRO” no que :
- Tiveron que elixir unha hortaliza das que están plantadas no horto escolar e completar todos os cadros coa información que se lle pedía.
- Escribir toda a información que souberan ou atoparan como cando se sembra, coidados que necesita…un debuxo da hortaliza, pegar unha semente desa hortaliza e suxeitala moi ben porque o libro viaxou moito.
- Copiar no libro todas as cancións, poesías, refráns que oiran sobre a súa hortaliza por suposto tiveron que preguntar e pedir axuda as súas familias.
- Preguntar a pais e avós sobre receitas da hortaliza e escribir a que mais lles gustara no libro.
- Copiar no libro todas as cancións, poesías, refráns que oiran sobre a súa hortaliza por suposto tiveron que preguntar e pedir axuda as súas familias.
- Preguntar a pais e avós sobre receitas da hortaliza e escribir a que mais lles gustara no libro.
viernes, 26 de abril de 2013
XA TEMOS A NOSA CHARCA........ CPI de PANXÓN
Despois de varias semanas de traballo, inauguramos a CHARCA o día 25 de abril con motivo do intercambio e visita ao noso centro do colexio ST Catherine`s R.C. Primary SchooL.
A creación da charca naceu cun obxectivo, ofrecer á fauna e á flora un refuxio e un lugar de protección privilexiado dentro do entorno do noso centro. Non ten unha superficie moi grande pero entendimos que era unha acción importante a favor da protección do medio ambiente que debiamos acometer. Eliximos un terreo chan e ben soleado situado ao lado de onde temos este curso os invernadoiros dos cultivos hidropónicos. Delimitamos a charca con cordas e paus. Escavouse o terreo en forma de escaleira para obter pendentes suaves cunha profundidade de 70 cm. Retiramos as pedras e as raíces e limpouse a fondo a base da charca, para despois votar un pouco de area e unha vella moqueta e pranchas de poliestireno expandido co obxectivo de conseguir unha capa impermeable, por enriba desto puxemos unha lamina de PVC especial para charcas, decorámola con planta acuáticas, rochas……etc
Esperamos que a nosa charca estea rapidamente colonizada polos animais acuáticos¡¡¡¡¡
EXPER-I-CIENCIA CSIC 2013
Onte DIA 25 desfrutamos coa Visita de c ATRO Investigadores: Nicolas Villacieros, Francisco de la Granda, Álvaro Roura y Luisa Martínez, desembarcaron sin IPC de Panxon Para Que todos os nosos alumnos / as mais os alumno s / como d e ST Catherine`s Escuela Primaria RC Que se atopaban de Intercambio no noso centro dento hacer Proxecto Comenius , puidesen APREND er Como Se m o ven como masas de un ug como! ... Cales hijo os secretos d o pulpo !! ... como Correntes Mariñas ¡ ¡¡..... e tamen quen vive debaixo d o mar !!!
A actividade desenvolveuse co seguinte horario, eo alumnado no vai un esquecerse dunha xornada bronceado Maxica Como una de onte.
A continuacion podedes VER actividade desta reportaxe unha. EXPER-I-CIENCIA CSIC 2013 en PhotoPeach
A actividade desenvolveuse co seguinte horario, eo alumnado no vai un esquecerse dunha xornada bronceado Maxica Como una de onte.
Investigador / a
|
Luisa Martínez
|
Álvaro Roura
|
Nicolás Villacieros y Francisco de la Granda
|
9:00-9:50
|
5º Primaria
| ||
9:50? 10:40
|
6º Primaria
|
1ESO
| |
10:40? 11: 30
|
3º Primaria
|
2 ESO
| |
RECREO
| |||
12:00? 12:50
|
1º Primaria
|
3 ESO
| |
12:50? 13:40
|
2º Primaria
|
4º Primaria
|
4 ESO
|
A continuacion podedes VER actividade desta reportaxe unha. EXPER-I-CIENCIA CSIC 2013 en PhotoPeach
Suscribirse a:
Entradas (Atom)