jueves, 25 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO: APADRIÑAMENTO LECTOR E RINCÓN VERDE NA BIBLIOTECA

APADRIÑAMENTO LECTOR
Co gallo do Día do libro no C.P.I. de Panxón e coincidindo coa nosa semana de COMENIUS, aproveitamos para iniciarnos na actividade de lectura: “APADRIÑAMENTO LECTOR”. O alumnado de 5º e 6º de Primaria xunto cos seus compañeiros de Manchester exerceron de padriños e madriñas de lectura co alumnado de primeiro ciclo de E.S.O. Os rapaces e rapazas de 1º de E.S.O. iniciaron os seus “apadriñamentos lectores” cos nenos e nenas do 2º ciclo de Primaria. Tamén os pequenos lectores leron aos grandes. O equipo da biblioteca elixiu libros relacionados co Proxecto “Enerxías Sostibles” que estamos traballando durante este curso e que forman parte do noso RINCÓN VERDE. Os afillados e afilladas realizaron uns marcapáxinas ecolóxicos para agasallar aos padriños e madriñas. 
 Estes son os libros seleccionados do RINCÓN VERDE da biblioteca


Apadriñamento e Agasallos  

APADRIÑAMENTO LECTOR - foto montaje

A Colección de marcapáxinas cos que fixeron os agasallos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario