O alumnado de 3º de educación primaria e entendendo que neste proxecto non debiamos esquecer que este ano celébrase O Ano Internacional da Cooperación na Esfera da auga traballou e profundizou sobre a importancia que ten a auga e o seu coidado para o noso planeta.
Obxectivos:
- Recoñecer e valorar a importancia da auga como recurso e para a vida.
- Analizar a problemática da contaminación da auga e identificar os usos e abusos domésticos.
- Orientar as actitudes do uso da auga cara outras que fomenten o aforro e o uso mais ecolóxico
- Investigar e recoñecer a ruta que segue a auga na nosa vila, dende a súa captación ate a devolución ao ciclo da natureza.
- Coñecer unha depuradora e os diferentes sistemas de depuración.
Tarefas
-
Conferencia sobre a auga
impartida pola ONG “Mas Unidas”
-
Experimentos co a auga
-
Sedimentación e transporte
de materias
-
Flotación
-
O Ciclo da auga
-
Obradoiro “Como funciona
unha depuradora”
-
- Elaboración dun vídeo cos
experimentos realizados
No hay comentarios:
Publicar un comentario