domingo, 28 de abril de 2013

O LIBRO VIAXEIRO: HORTO ECOLÓXICO


O alumnado deste curso centrou a súa actividade medioambiental no HORTO ESCOLAR, xunto cos alumnos/as de 2º de EP, sementaron e fixeron o seguimento no diario do horto escolar. 
A profesora foi a encargada de facer fotos do horto a medida que ían cambiando as fases das plantas (xerminación, flores, froitos,…) e das labores que se ían facendo. No mes de xuño elaborarán un álbum na materia de Educación Plástica e Visual con papel reciclado e adornado con follas secas, terra, debuxos que fagan entre todos e pegaran as fotos do horto escolar 2012-13.

Ademais estes alumnos/as traballaron co “O LIBRO VIAXEIRO” no que :

- Tiveron que elixir unha hortaliza das que están plantadas no horto escolar e completar todos os cadros coa información que se lle pedía.

- Escribir toda a información que souberan ou atoparan como cando se sembra, coidados que necesita…un debuxo da hortaliza, pegar unha semente desa hortaliza e suxeitala moi ben porque o libro viaxou moito.

- Copiar no libro todas as cancións, poesías, refráns que oiran sobre a súa hortaliza por suposto tiveron que preguntar e pedir axuda as súas familias.

- Preguntar a pais e avós sobre receitas da hortaliza e escribir a que mais lles gustara no libro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario