viernes, 26 de abril de 2013

VISITA DO 3º CICLO AO MUSEO ILLAS ATLÁNTICAS


O 3º Ciclo visitou o Centro de Interpretación da Natureza do Parque Nacional Illas Atlánticas que abriu este Nadal as súas portas en Vigo con catro salas interpretativas, unha por cada unha das catro illas do Parque: Cíes, Sálvora, Ons e Cortegada. Os contidos expositivos artéllanse ademais arredor de catro dimensións diferentes das illas: o líquido (auga, mar e mareas); o sólido (rochas, illa, flora, fauna e historia); o aire (vento, aves e son) e a luz (sol, bruma, cor). Son case 1.400 metros cadrados, distribuidos en seis plantas e conta ademais con salón de actos, salas interpretativas, un aula e biblioteca. O obxectivo desta visita é dar a coñecer en profundidade as illas Atlánticas ao alumnado de 5º e 6º para preparar a visita as illas Cies que ían a realizar conxuntamente co alumnado do colexio ST Catherine`s R.C. Primary School de intercambio no noso centro. Entre os detalles máis atractivos do centro de interpretación figuran catro cabinas nas que se reproducen cada unha das illas que forman parte do parque cos seus fondos mariños

VISITA MUSEO ILLAS ATLÁNTICAS on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario