O día 9 de abril realizouse este obradoiro especifico para traballar sobre o Ano Internacional da Cooperación na esfera da Auga. Consistiu na demostración do funcionamento dun EDAR (Estación depuradora de augas residuais) mediante a construción dunha maqueta funcional.
Obxectivos:
- Recoñecer e valorar a importancia da auga como recurso e para a
vida.
- Analizar a problemática da contaminación da auga e identificar
os usos e abusos domésticos.
- Orientar as actitudes do uso da auga cara outras que fomenten o
aforro e o uso mais ecolóxico e racional.
- Investigar e recoñecer a ruta que segue a auga na nosa vila,
dende a súa captación ate a devolución ao ciclo da natureza.
- Coñecer como funciona unha depuradora (EDAR) e os diferentes
sistemas de depuración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario