jueves, 28 de noviembre de 2013

UN ANO MAIS APRENDEMOS CON SEPRONA

Co obxectivo de concienciar ao alumnado sobre as graves consecuencias que teñen os lumes forestais nos ecosistemas galegos, e ofrecerlles recomendacións útiles sobre a prevención destes incendios, que cada ano asolan centos e miles, de hectáreas de monte, o Sarxento José Braña Rodríguez e o Garda Civil Álvaro Sarabia Bugallo espuxeronnos en que consiste o seu traballo, como o realizan e a importancia da prevención nos lumes, así como as diversas maneiras en como podemos axudar para que isto non ocorra ao menos por motivos de descoñecemento.

Estiveron toda a mañá xa que primeiro traballaron cos pequenos de primaria (1º, 2º e 3º) , despois foron os 4º, 5º e 6º e xa finalmente os maiores da ESO. Todos saímos moi satisfeitos da exposición e moi sorprendidos do seu traballo. Queremos dicirlles que non esqueceremos nada do que aprendemos e que poñeremos da nosa parte para facilitarlles o traballo.

Dámoslles as grazas pola súa visita e esperamos velos de novo polo noso centro, tamén queremos dar as grazas a VOZ NATURA por facelo posible.

UN ANO MAÍS APRENDEMOS CON SEPRONA on PhotoPeach

PRESENTACIÓN DO PROXECTO "NÓS SOMOS MAR"- O MAR DI BASTA¡¡¡

O día da inauguración da biblioteca, tivemos unha gran sorpresa, un extrano personaxe apareceu na biblioteca, ao principio asustounos xa que estaba moi pálido e vestía como os piratas fai 400 anos, dixo que era "A ÁNIMA DO PIRATA DRAKE" e que tivo que "levantarse da súa tumba para vixiar os mares".
REUNIU aos rapaces na biblioteca para explicarlles o moito que cambio o mar e a paisaxe dende que el abandonara estos mares. Pediulle aos nenos que coidasen o mar e trasladasen as súas boas prácticas a todo o seu entorno, tiveron que realizar  un xuramento E COMPROMETERONSE A CAMBIAR OS MALOS HÁBITOS.
 
¡AGORA EMPEZA UN GRAN TRABALLO PARA AXUDAR A SALVAR OS MARES E COSTAS¡¡¡

INAUGURAMOS A BIBLIOTECA "A ÁNIMA DO PIRATA DRAKE" on PhotoPeach

PRESENTACIÓN DO PROXECTO "NÓS SOMOS MAR"- O MAR DI BASTA¡¡¡

O día da inauguración da biblioteca, tivemos unha gran sorpresa, un extrano personaxe apareceu na biblioteca, ao principio asustounos xa que estaba moi pálido e vestía como os piratas fai 400 anos, dixo que era "A ÁNIMA DO PIRATA DRAKE" e que tivo que "levantarse da súa tumba para vixiar os mares".
REUNIU aos rapaces na biblioteca para explicarlles o moito que cambio o mar e a paisaxe dende que el abandonara estos mares. Pediulle aos nenos que coidasen o mar e trasladasen as súas boas prácticas a todo o seu entorno, tiveron que realizar  un xuramento E COMPROMETERONSE A CAMBIAR OS MALOS HÁBITOS.
 
¡AGORA EMPEZA UN GRAN TRABALLO PARA AXUDAR A SALVAR OS MARES E COSTAS¡¡¡

INAUGURAMOS A BIBLIOTECA "A ÁNIMA DO PIRATA DRAKE" on PhotoPeach

viernes, 22 de noviembre de 2013

LER EN NADAL

O Nadal é un bo momento para estar en familia e compartir momentos de lectura, invitamosvos a ler este Nadal algún dos mellores libros de medio ambiente, están expostos no corredor da pranta baixa, non o dubides e vai a Biblioteca a buscalo, desfrutarás moito con eles.

TORRIJAS: UN POSTRE DE RECICLAXE

PARTICIPAMOS: Iª XUNTANZA DE XÓVENES POLA SOSTIBILIDADE E A PAISAXE

Onte foi un gran día para o noso alumnado xa que 12 alumnos/as de Primaria e 7 de Secundaria participaron na I Xornada de sostibilidade. Durante unha semana traballaron arreo para preparar as súas presentacións, primeiro elixiron entre as accións que desenvolveron este curso a que ían levar e por grupos estudaron e prepararron a súa presentación procurando que esta foxe motivadora e espertara o interés da audiencia, en segundo lugar o alumnado de secundaria distribuiuse os diferentes seminarios nos que ían a participar elixiron tres, OS RESIDUOS, ENERXÍA E CAMBIO CLIMÁTICO, E AUGA/BIODIVERSIDADE, para participar nel tiveron que levar un Reto Estratéxico para desenvolver no primeiro trimestre do curso. Temos que dicir que un dos nosos retos do noso centro foi escollido como conclusión

VISITA AO MUSEO DO MAR EN VIGO

O alumnado de 1º e 2º de ESO visitou o día 11 de abril o museo do MAR de Vigo, participaron en dous obradoiros: Coñecendo a cultura tradicional mariñeira e Os segredos arqueolóxicos do Museo do Mar.

“Coñecendo a cultura tradicional mariñeira”. 

Nesta actividade que durou uns 90 minutos, o alumnado de 2º da ESO transformáronse en auténticos mariñeiros tradicionais e experimentaron por eles mesmos diversos aspectos da vida destas xentes: cazaron unha balea, pescaron con diferentes técnicas, vogaron nun bote como auténticos mariñeiros; ademais visitaron o acuario, onde coñeceron algunhas das especies que se pescaban coas técnicas aprendidas.

“Os segredos arqueolóxicos do Museo do Mar”.

Esta Actividade foi desenvolvida polo alumnado de 1º da ESO.
Tomando como punto de partida o xacemento castrexo do Museo, nesta actividade o alumnado realizou unha viaxe no tempo para coñecer como era a vida das persoas que habitaron este castro e a súa a relación co mar.
Logo o alumnado pasou a unha sala onde a monitora deulle as nocións básicas para converterse en arqueólogos e realizar unha excavación arqueolóxica fielmente simulada, para despois traballar os resultados nun laboratorio científico. Por último, empregando réplicas exactas, experimentarán por si mesmos algúns dos aspectos do traballo diario das xentes que viviron en época castrexa e romana.
Unha cuestión fundamental que aprendemos o profesorado e alumnado que participamos nesta actividade, foi a importancia de respetar ao máximo calquera xacemento arqueolóxico que atopemos. Non tocar nada na espera de que os técnicos poidan facerse cargo do atopado. Como nas películas de TV tipo CSI ou as policíacas, cada cousa que alí atopemos pode darnos información sobre quen vivía no xacemento, como vivían, as actividades que desenvolvían, as crenzas que tiñan, incluso a súa saúde .

miércoles, 6 de noviembre de 2013

ECONOTICIAS 1: O LITORAL CÓBRESE DE INXENTES CANTIDADES DE LIXO

Como acontece cada outono, os temporais axudan a destapar os refugallos que esconden a ría e o océano
A situación resulta especialmente grave nos municipios bañados polo Atlántico, onde as correntes son máis intensas. Pero en practicamente toda a costa, mesmo dentro das rías, pode apreciarse a diario, e moito máis tras xornadas de forte temporal, que o mar esconde inxentes cantidades de lixo e contaminación de todo tipo
O oleaxe bota sobre a area das praias residuos que constitúen unha grave agresión ambiental. E o vento encárgase de impulsar eses restos terra dentro, polo que en moitos casos introduce o lixo entre a vexetación do cordón dunar, mesmo en zonas protexidas.
 
O caso do Concello do Grove parece o máis claro exemplo, por aquilo de situarse na boca da ría e ter boa parte do seu litoral bañado polas augas oceánicas.
 
Pero hai que insistir en que a preocupante situación é apreciable, en maior ou menor medida, en todos os municipios litorais. Non hai moito, a causa das intensas precipitacións -que provocaron algunhas inundacións-, xa se alertou de que en Vilagarcía había desbordamentos de sumidoiros debido ás toalliñas hixiénicas e mesmo compresas e outros artigos que se botan aos desaugadoiros.

Eses restos están presentes despois en moitas praias, onde poden encontrarse todo tipo de artigos de hixiene ou uso persoal, ademais dos residuos máis habituais nestes casos, como botellas de cristal ou latas de conserva e de refrescos.
Nun percorrido polas praias arousanas, e sobre todo polas do Grove, en xeral, as máis expostas á acción das correntes, é posible localizar tamén botellas e botes de plástico que forman parte do día a día dos cidadáns, como poden ser os recipientes de aceite de cociña, os de iogur e mesmo os botes de produtos de limpeza do fogar, como lixivias, deterxentes e similares.

Loxicamente, eses artigos non chegan á area, nin despois ás praias, por casualidade. Se están aí é, sinxelamente, porque son botados á auga de xeito imprudente e intolerable, xa sexa por parte dos usuarios das praias -bañistas, paseantes, pescadores deportivos e similares- ou ben dende as embarcacións de recreo ou os barcos profesionais.

En lugar de recoller o lixo e depositala en papeleiras ou colectores, hai persoas que optan por tirala directamente á auga ou a area, de aí a presenza de obxectos de todo tipo que afean o ámbito, xeran contaminación, danan ás plantas dos cordóns dunares e mesmo poden matar peixes, aves, tartarugas e mamíferos mariños.

Ao falar deste risco e da clara ameaza que supón a acción do home, mención especial merecen as verteduras de tipo industrial, xa que tamén pode encontrarse na area, entre as rochas ou en medio da vexetación costeira garrafas das usadas para almacenar combustible, ao igual que grandes bidóns, xa sexan de gasóleo ou aceites, que navegan á deriva ata que a oleaxe os deposita sobre a costa.
 E falando de verteduras procedentes da actividade profesional, hai que citar unha case escandalosa cantidade de restos de redes e aparellos de pesca de todo tipo -incluídas caixas de madeira, plástico e poliespan- que cobre a costa. A mesma na que se localizan botas, guantes e outros elementos usados na pesca, o marisqueo ou a acuicultura.

Xunto ás cordas, tamén procedentes da pesca profesional, vellas nasas e todo tipo de madeiros, ramas e algas arrastrados polas correntes, ás veces mesmo poden encontrarse lámpadas e tubos fluorescentes, tal e como se apreciaba hai un par de xornadas en varias praias grovenses.

Así pois, a acción humana constitúe o principal foco contaminante do medio natural mariño e do ecosistema litoral na bisbarra arousana-e por extensión en toda Galicia-, o cal resulta especialmente apreciable mesmo en areais que cada verán locen a Bandeira Azul que acredita a súa calidade, como sucede na Lanzada, Area dá Cruz e Raeiros, no que respecta ao Concello do Grove.

Neste municipio hai outros lugares, como A Barrosa, Con Negro, ou Espiño, Buraco  Londra ou Canelas nos que se aprecia, igualmente, a gran cantidade de algas, ramas, madeiros e lixo de todo tipo que o océano chuspiu sobre a beira, como querendo devolver todo o que o home lle tirou primeiro.

Evidentemente hai outros indicios evidentes de contaminación, ligados á presenza de hidrocarburos e mesmo elevados niveis de cobre no interior das rías. Nestes casos son produtos ou afeccións menos visibles ou rechamantes que as botellas e botes antes aludidos, pero tamén preocupantes.

O que está por determinar é como e en que magnitude afecta toda esta contaminación ás diferentes especies, xa que hai cidadáns que cren que a presenza de determinados produtos tóxicos na auga puido provocar a mortaldade de numerosas aves nas últimas semanas.