viernes, 22 de marzo de 2013

DENDE A POESÍA A......... NATUREZA


 Onte no CPI de Panxón tivemos unha xornada apretada xa que o día 21 de marzo é unha data clave en educación, celébranse o Día Internacional da poesía, o día do árbore  ou Día Forestal Mundial, e o día Internacional da auga. A nivel curricular son tres conmemoracións que non podemos esquecer polo que xuntamos as tres nunha e resultou unha maravillosa xornada de desfrute tanto para o alumnado como profesorado.

Comezamos pola mañán cedo co alumnado de secundaria preparando unha zona do centro para ambientala e plantar uns árbores decorativos, xa que en novembro xa plantaramos o noso propio bosque. Unha vez preparado o terreo o alumnado de primaria plantou camelios e prímulas, o espazo quedou moi ben arranxado.  A continuación tiñamos que recitar poesías e ler os haikus medioambientais que fixeran os alumnos/as de secundaria en lingua castelá pero o vento tan forte que houbo onte en Panxón impediu facelo ao aire libre.  Fixémolo no noso árbore ecolóxico que adicamos as distintas conmemoracións, alí os alumnos e alumnas de primaria recitaron poesías con temáticas medioambientais e procederon a ler os Haikus que decoraban a árbore, facéndolle preguntas sobre o seu significado. Foi un magnifico traballo realizado polo alumnado da ESO, dende esta páxina queremos dar a enhoraboa a profesora Eva Mª Vázquez gallardo e a todos os alumnos e alumnas da ESO así como ao profesor Casto Antonio García Márquez xa que sen el os arranxos ambientais do centro non houberan podido ser.

OS ÁRBORES SON VIDA




POESÍA.......SOMOS AUGA

Neste día internacional da poesía quixemos facer unha homenaxe cos nosos poemas ao medio ambiente, a continuación podedes ler o traballo feito polos alumnos o cal nos emocionou pola maneira na que foron capaces de ir cosendo e entrelazando palabras. 


sábado, 16 de marzo de 2013

VISITA A UNHA POZA DE MAREA

Onte o alumnado de 4º de EP visitou unha poza de marea na praia da Madorra perta do centro, obervaron, investigaron e respetaron o que atoparon na poza, agora terán que realizar un traballo no aula e presentarlle o resultado deste aos seus compañeiros de 5º e 6º de EP. A continuación podedes ver a guía de traballo que elaborou Celso Lorenzo Lomba profesor de ciencias do centro para esta visita e imaxenes de como desfrutaron realizando a visita.

AS HORTALIZAS VAN AS CLASES

Unha vez que rematamos a montaxe dos cultivos hidropónicos no invernadoiro, decidimos que os alumnos/as puideran observar tamén o crecemento destes na súa propia aula, para iso eles mesmos montaron o seu propio hidropónico "BALSA" e agora terán que facer un seguimento do seu crecemento.

viernes, 15 de marzo de 2013

lunes, 11 de marzo de 2013

A HORA DO PLANETA: APAGA A LUZ O 23 DE MARZO DE 20:30 A 21:30

Desde fai sete naos, centos de millóns de persoas de todo o mundo,empresas, gobernos e centros educativos unen as súas voces en defensa do medio ambiente. Por iso, A Hora do Planeta converteuse na maior campaña de movilización e participación xamáis organizada.
En 2012, máis de 7.000 ciudades de 150 países apagaron as luces dos seus principais monumentosey edificios emblemáticos, enviando así un claro mensaxe: os xestos simbólicos poden xenerar grandes cambios se conseguimos un compromiso global durante todo o año. 
A campaña tomou enton unha nova dimensión invitando aos cidadáns a ir máis alá e adoitar medidas de aforro enerxético durante todo o ano. Foi o ano dos pequenos e grandes compromisos para crear un modelo de vida máis sostible e respetuoso co medio ambiente. Foi o ano dos retos, dos desafíos e a gran pregunta, Que serías capaz de facer para salvar o planeta?
HORA DO PLANETA 2013
Materiais didácticos 
Este ano, WWF plantexa un novo desafío: imos a crear unha comunidade global interconectada que amose ata onde podemos chegar para cambiar o mundo en que vivimos. Queremos que todos, individuos, empresas, concellos e centros educativos, aposten por ser máis eficientes e autosuficientes no uso da enerxía e promuevan as enerxías limpas para lograr, desta maneira, reducir o nivel de emisións de C02 do planeta. Usa a túa imaxinación e túas redes sociais para difundir a campaña entre os teus  seguidores e anímalles a que fagan o mesmo. Cantos máis sexamos, máis forte oiráse a nosa voz..
Que a inspiración dunha hora máxica serva para construir un futuro sostible. O vindeiro 23 de marzo, de 20.30 a 21.30 apaga a luz.

jueves, 7 de marzo de 2013

MULLERES ECOLÓXISTAS: 8 DE MARZO

O alumando de 1º de ESO dentro do proxecto medioambiental que desenvolvemos este curso "Do Pedernal á Fusión II", elaboraron unha presentación na que realizan unha homenaxe as mulleres traballadoras ecoloxístas. 

martes, 5 de marzo de 2013

II INAUGURACIÓN DOS CULTIVOS HIDROPÓNICOS

Hoxe día da Eficiencia enerxética por fin poidemos inaugurar os nosos cultivos HIDROPÓNICOS, xa vos comentamos que o temporal fixera unha desfeita neles, pero con moita paciencia e traballo están de novo funcionando. Hoxe xa pasaron os pequenos de 1º e 2º a velos e recibiron a explicación do seu funcionamento por parte do alumnado de 3º e 4º da ESO que colaboraron na súa construción, os pequenos levaron para a súa clase o seu hidropónico de aula, agora terán que facer un diario do seu crecemento, coidados... .


¡ENHORABOA A TODOS OS QUE TRABALLACHEDES POLAS TARDES, NO VOSO TEMPO LIBRE, SEN VOS NON HOUBERA PODIDO SER¡¡¡¡¡¡ 


OBRADOIRO EFICIENCIA ENERXÉTICA: PRIMARIA


Hoxe 5 de marzo os alumnos/as de 5º e 6º de primaria asistiron a un obradoiro de eficiencia enerxética no que puideron elaborar produtos de limpeza doméstica de xeito artesanal, aproveitando elementos de reciclaxe cotidianos, coa finalidade de aforrar enerxía e acadar produtos máis saudables e baratos.
A actividade, impartida pola profesora Lidia Rojo da Asociación Aloe Ingenieros, transcurriu nun ambiente lúdico pero tamén instructivo e os nosos alumnos puideron comprobar que, aparte de conseguir produtos ecolóxicos e baratos, eran tamén efectivos, tanto ou máis que os comerciais. Elaboráronos eles mesmos repartidos en grupos e, ao final comprobaron a súa eficiencia usándoos na limpeza da aula (cando chegou o persoal de limpeza do colexio, coidou que xa estaba limpa).
Todos os elementos empregados na elaboración dos distintos produtos son, ademais de baratos, asequibles polo que está ao alcance de calquera poder fabricalos. Para poder facelos a profesora deixonos as fórmulas dos distintos produtos, podendo incluso levalos a cabo nas nosas casas, colaborando así no aforro enerxético, na economía doméstica e na saúde das persoas.

MURAL EFICIENCIA ENERXÉTICA: 5 de marzo


No CPI de Panxón sumámonos a celebración do día da Eficiencia Enerxética, como mostra desta conmemoración o alumnado de secundaria investigou sobre as diferentes maneiras de aforrar enerxía en aspectos como:  A Auga, Iluminación, Aillamento, Automoción e Electrodomésticos. O froito deste traballo podemos velo no seguinte mural.