domingo, 8 de diciembre de 2013

CARTAS COTIÁS

Despois de estudar os diferentes tipos de cartas, os alumnos/as de 2º ESO decantáronse por facer o traballo coas cartas de solicitude. O tema das súas cartas por suposto ten que ver co noso proxecto deste curso Mares e costas en boas mans.
É bo, de cando en vez, reflexionar sobre todo aquilo que empeora a vida das nosas augas mariñas e propoñer medidas coas que poder mellorar unha situación da que os únicos responsables somos nós.

jueves, 5 de diciembre de 2013

CONSTITUCIÓN DOS COMITÉS AMBIENTAIS


Os días 29 de otubro e 4 de novembro constituímos por primeira vez este ano as comisións ambientais do centro. Crearonse dous Comités un pola etapa de Primaria e outro na etapa de Secundaria. Están integrados por representantes do profesorado  representantes das familias, representación do personal de servizos e representación do alumnado. Seis son os nenos que representan aos seus compañeiros en ambalas dúas etapas, un por curso de 1º ata 6º e outros 6 de 1º a 4º da ESO contando co curso de PDC e a segunda liña de 1º de ESO. Presentaronse os resultados da auditoría ambiental do centro, recordouse o traballo que se fixo o ano pasado e presentáronse os novos obxectivos para este curso: poñer en marcha as accións ou propostas de mellora pendentes e revisar que se levan correctamente a cabo. As tarefas fundamentais serán:
Auditoría ambiental do centro

  • Seguimento do proceso de reciclado e a infraestrutura do lugar destinado para iso.
  • Planificar os procesos necesarios para poñer en marcha este curso o horto escolar
  • Planificar os procesos necesarios para o coidado do ecosistema da nosa charca
  • Informar nas diferentes aulas das actividades que se veñen desenvolvendo dentro do proxecto "MARES E COSTAS EN BOAS MANS".
  • Organización das Ecopatrullas de patio  (Primaria)
  • Organización das Ecopatrullas de centro  (secundaria)


GAÑADORES CONCURSO DE DEBUXO "OUTONO E MAR"

Enhoraboa ás alumnas gañadoras do concurso de debuxo "OUTONO E MAR", Noelia Prado Negreira d e1º de Primaria e Ana layeska Bolivar Tovar de 6º de Primaria, polo seu bo facer.

GAÑADORES NO CONCURSO DE DEBUXO ANO INTERNACIONAL DO AUGA

O alumno Anxo Figueroa González e  a alumna Nairobi Martínez Poveda foron finalistas no concurso do “ Ano internacional do auga” organizado pola Deputación de Pontevedra e o CSIC.
Asemade Anxo Figueroa foi gañador do segundo premio.
ENHORABOA AOS DOUS¡¡¡¡¡¡

CONCURSO AUTORRETRATO DO MAR

Baixo o título "Autorretrato do mar", os alumnos de 3º e 4º de ESO deberanse enfrontar ao uso de materiais de refugallo na súa obra plástica. O título do exercicio xustifícase no feito de que eses materiais deberán proceder dos restos de lixo que a marea deposita nas praias, para realizar unha mariña ou paisaxe na que o mar teña un papel principal.
Este traballo realizarase por parellas, agás no caso de 4º que polo seu reducido número (cinco alumnos) realizarán un único traballo entre todos pero de gran formato.
Coa obra obtida realizarase, dentro das posibilidades, unha exposición no Centro, que dea a coñecer este aspecto da arte, que aos alumnos tanto lles custa asimilar.

II CONCURSO ÁRBORES D ENADAL ECOLÓXICOS

Ao igual que en cursos anteriores e dentro do noso proxecto medio-ambiental, "MARES E COSTAS EN BOAS MANS" convocamos un ano mais o CONCURSO DE ÁRBORES DE NADAL ECOLÓXICOS". Xa podedes poñer a traballar a vosa imaxinación........sabemos que o faredes moi ben.