jueves, 27 de marzo de 2014

UN MAR DE PLASTILINA

Na materia de Educación Plástica seguimos a traballar no proxecto "Nós somos Mar" e non podíamos olvidar o Día do pai, por iso fixemos con plastilina un fermoso traballo para desfrutar deste proxecto coas nosas familias.


PON AS PILAS AO TEU BOCATA

O venres 28 de febrero, os alumnos e alumnas de Educación Primaria do noso centro participaron na actividade “Ponlle as pilas ao teu bocata”, dentro do PLAN PROXECTA, no ALIMENTA-T BEN.
O obradoiro consistiu nunha charla informativa sobre os valores nutritivos das conservas e productos do mar, xogos e elaboración de bocatas con conservas e vexetais: atún, leituga, sardiñas, cenorias, mexillóns,...

Está patrocinado pola Consellería do Medio Rural e do Mar en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,a Consellería de Sanidade e Anfaco-Cecopesca.



martes, 25 de marzo de 2014

PON OS REFUGALLOS A FLOTAR

Mostrámosvos os resultados do noso I Concurso "Pon os Refugallos a flotar" como podedes ver a imaxinación do noso alumnado no ten límites e a participación foi moi numerosa. Agora só queda facer a proba de flotabilidade e coñecer aos premiados. Estade atentos as datas da proba de flotabilidade.


8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA: AS MAREANTES

AS MAREANTES NO CPI DE PANXÓN 

O día 8 de marzo tivemos a sorte de poder contar no noso centro con nais de alumnos/as que traballan como mareantes, elas explicaronnos en que consiste os seu traballos. Así Carmen Chamorro (Redeira) explicounos que ela traballa facendo e reparando redes do cerco, poidemos coñecer como as fai, o dificil que está sendo o camiño para que este traballo vease recoñecido e falounos dos que traballan ilegalmente o que fai que o seu traballo sexa menos pagado, tamén ensinounos a cargar as agullas de coser as redes, e presentounos os materiais con que traballan e como están diversificando o seu traballo cara a artesanía. 
Celeste González é mariscadora e leva dende os 16 anos traballando no mar, antes faciao na praia e era mais doado, pero coa contaminación e a aparición dunhas algas que antes non existian nesta zona agora non se pode mariscar nas praias e teñen que ir a FOz; tamén poidemos ver o rastro con que traballa e comprendimos o esforzo que teñen que realizar.
Finalmente María José Blach a percebeira, explicou que ela traballa polas rocas collendo percebe e nos acantilados, ten que escapar das ondass e controlar as mareas xa que so poden traballar dúas horas antes da baixamar e hora e media despois non permitíndolles traballar con luz artificial.
Aprendemos  a apreciar o valor deste traballos realizados case sempre por mulleres e con elas celebramos o día da Muller traballadora.
 Despois os alumnos/as de primaria, fixeron un obradoiro coa redeira e hasta os mais pequeniños aprenderon a cargar as agullas e coseron un trociño de rede para facer unha bolsa que levaron para as súas casas. 
DENDE AQUÍ QUEREMOS DAROS DE NOVO AS GRAZAS POR ADICARNOS UNHAS HORAS DO VOSO TRABALLO  E DICIRVOS O MOITO QUE DESFRUTAMOS.
OBRADOIRO DE REDES

NESTA VÍDEOMONTAXE REALIZADO POR IRIA LORES VILAR, PODEDES VER O TRABALLO DAS MARISCADORAS 

miércoles, 12 de marzo de 2014

LA VOZ DE PANXÓN



Febreiro trouxo, múltiples noticias que tiñan como denominador común o mar. Déixovos con todas aquelas que os vosos compañeiros/as recolleron durante todo este mes.