martes, 29 de abril de 2014

EN BUSCA DA SOSTIBILIDADE “DESCOBRE AS DUNAS DE GAIFAR”

Este traballo tivo por obxecto descubrir a importancia das Dunas, a súa dinámica de formación, a súa flora, a súa fauna e os perigos aos que está continuamente sometido este ecosistema .
OBXECTIVOS :
-    Identificar e descobrer unha duna costeira  e analizar os factores que interveñen na súa formación.
-    Coñecer a fraxilidade dos ecositemas dunares ante os cortos e intensos cambios que os homes producimos na natureza.
-    Propiciar un pensamento crítico e de reflexión na busca de solución ao problema.
AREAS RELACIONADAS: Ciencias Naturales, Ciencias Sociais.

METODOLOXÍA
Basouxe nunha aprendizaxe autónoma, colaboradora e participativa, co obxectivo de fora o alumnado o que decubrira por si mesmo o funcionamento dunar e chegara as súas propias conclusións.
A actividade constou de dúas fases:
-    Traballo de campo (2 horas)
-    Posta en común e elaboración de presentacións dixitais por grupos que tiveron que exponer aos compañeiros/as da ESO.
Traballaron en grupos de 5, cada grupo ocupose dunha parcela de traballo:
-    Plano da parcela
-    Condicións atmosféricas
-    Flora
-    Fauna, centrada na Píllara que comeza neste mes o seu período de reproducción
-    Proceso de formación dunar
-    Experimentos de comportamento dunar.
MATERIAIS EMPREGADOS
-    Libreta de campo
-    Prismáticos
-    Lupas
-    Brúxulas
-  Metro
-    Guía de flora e fauna (editada polo Concello de Nigrán)

No hay comentarios:

Publicar un comentario