miércoles, 25 de junio de 2014

Día INTERNACIONAL DOS ÁRBORES AUTÓCTONOS




Celebramos este día coas seguintes actividades e co obxectivo de que o alumnado a través delas fose concienciándose da necesidade de conservar o noso contorno.
•    Limpeza da Plantación de árbores autóctonos realizada o curso 2012-13 no campo superior do centro.


•    Ao igual que no curso pasado o alumnado de 3º EP na materia de Coñecemento do Medio, plantaron sementes e traballaron  un caderniño  de traballo no que tiñan que rexistrar o crecemento semanal da árbore autóctona  grupal.


•    Dende a materia de Educación Plástica e Visual no 1º ciclo de primaria celebraron este dia Internacional dos bosques coa elaboración e deseño dun broche que representa un froito  dun árbore autoctono. O broche foi estreado polos alumnos na celebración do noso Magosto.

•        Organización da Conferencia a cargo de SEPRONA a través de VOZ NATURA para o alumnado de educación Primaria e Educación Secundaria sobre a conservación dos montes e as consecuencias dos incedios forestais. O obxectivo desta charla e tratar de transmitir ao alumnado os efectos nocivos que a man dos homes ten sobre o medio ambiente.

•    Unha vez realizada a presentación do proxecto Nos somos Mar, coa Ánima do prirata Drake e logo da lectura en voz alta de diversos contos sobre este prirata, na materia de EPV con froitas de outono (noces) o alumnado de 1º de EP construiu unha visión do mar cheo de barcos piratas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario