viernes, 22 de noviembre de 2013

VISITA AO MUSEO DO MAR EN VIGO

O alumnado de 1º e 2º de ESO visitou o día 11 de abril o museo do MAR de Vigo, participaron en dous obradoiros: Coñecendo a cultura tradicional mariñeira e Os segredos arqueolóxicos do Museo do Mar.

“Coñecendo a cultura tradicional mariñeira”. 

Nesta actividade que durou uns 90 minutos, o alumnado de 2º da ESO transformáronse en auténticos mariñeiros tradicionais e experimentaron por eles mesmos diversos aspectos da vida destas xentes: cazaron unha balea, pescaron con diferentes técnicas, vogaron nun bote como auténticos mariñeiros; ademais visitaron o acuario, onde coñeceron algunhas das especies que se pescaban coas técnicas aprendidas.

“Os segredos arqueolóxicos do Museo do Mar”.

Esta Actividade foi desenvolvida polo alumnado de 1º da ESO.
Tomando como punto de partida o xacemento castrexo do Museo, nesta actividade o alumnado realizou unha viaxe no tempo para coñecer como era a vida das persoas que habitaron este castro e a súa a relación co mar.
Logo o alumnado pasou a unha sala onde a monitora deulle as nocións básicas para converterse en arqueólogos e realizar unha excavación arqueolóxica fielmente simulada, para despois traballar os resultados nun laboratorio científico. Por último, empregando réplicas exactas, experimentarán por si mesmos algúns dos aspectos do traballo diario das xentes que viviron en época castrexa e romana.
Unha cuestión fundamental que aprendemos o profesorado e alumnado que participamos nesta actividade, foi a importancia de respetar ao máximo calquera xacemento arqueolóxico que atopemos. Non tocar nada na espera de que os técnicos poidan facerse cargo do atopado. Como nas películas de TV tipo CSI ou as policíacas, cada cousa que alí atopemos pode darnos información sobre quen vivía no xacemento, como vivían, as actividades que desenvolvían, as crenzas que tiñan, incluso a súa saúde .

No hay comentarios:

Publicar un comentario